RESERVA CITA

Para solicitar unha cita cubre o formulario que atoparás a continuación.

Cantos máis detalles nos facilites sobre a túa tatuaxe, máis doado será dar forma á túa idea.

Podes engadir imaxes de referencia, bosquexos ou fotografías da zona que queres tatuar. Cada detalle axudaranos a facer o proceso máis áxil e personalizado.

Unha vez recibido o formulario, enviarémosche un orzamento aproximado.

As mensaxes respóndense por orde de chegada. Debido ao volume de solicitudes, poden pasar varias semanas ata que recibas unha resposta.

PREGUNTAS FRECUENTES

O que debes saber antes de tatuarte:

Non esquezas que as tatuaxes son permanentes. É importante ter claro tanto o deseño como a zona do corpo para evitar futuros arrepentimentos. Non te tatúes se non estás completamente convencidx.

A realización dunha tatuaxe provoca unha erosión na pel que pode actuar como vía de entrada de microorganismos e causar infeccións. Por iso, é fundamental seguir todas as indicacións de curación para evitar complicacións, unha mala cicatrización ou a necesidade de recibir atención médica.

As tintas tamén poden provocar reaccións alérxicas que, nalgúns casos, poden precisar tratamento médico.

No caso de padecer algunha enfermidade que cause un déficit inmunolóxico, ou de estar seguindo un tratamento con anticoagulantes ou antiagregantes, deberase consultar previamente cun profesional médico antes de realizar a tatuaxe.

AXENDA PECHADA
APERTURA 8 XUÑO 2026 · 22.00H
  • Durme ben a noite anterior e come algo antes de vir. É importante non acudir coa barriga baleira.
  • Bebe suficiente auga e mantén a pel ben hidratada durante os días anteriores á cita.
  • Leva roupa cómoda que permita acceder facilmente á zona que se vai tatuar e que non che importe manchar.
  • Infórmanos se tes algunha enfermidade, condición médica, alerxia ou se estás tomando algún medicamento.
  • No caso de tomar anticoagulantes ou antiagregantes, consulta previamente co teu médico. Non suspendas nin modifiques o tratamento pola túa conta.
  • Non consumas alcohol nin outras drogas durante, polo menos, as 24 horas anteriores á cita.
  • Evita tomar aspirina ou antiinflamatorios sen indicación médica, xa que poden favorecer o sangrado. Non suspendas ningún medicamento prescrito sen consultar previamente co teu médico.
  • Non expoñas a zona que se vai tatuar ao sol nin acudas coa pel queimada ou irritada. Tampouco é necesario que a afeites o día anterior; farémolo no estudio de maneira segura se fose preciso.
  • Non acudas á cita se tes febre, gripe, unha infección ou outros síntomas de enfermidade. Nese caso, ponte en contacto connosco para cambiar a data.
  • Estás embarazada ou amamantando. 
  • Tomaches alcol ou drogas nas últimas 24 horas. 
  • Está tomando anticoagulantes, antibióticos ou corticoides (consulta médica  previa). 
  • Tes febre, infeccións ou pel danada na zona que se vai tatuar.
  •  Tes enfermidades dermatolóxicas activas (psoríase, eczema, etc.). • Tes menos de 18 anos. 
  • Tes alerxia a pigmentos, desinfectantes ou materiais médicos.
  • Podes escribirnos a través do formulario de contacto no momento de apertura da  axenda.
  • A axenda ábrese a unha hora concreta cada 3 ou 4 meses.
  • Sempre  publicamos con antelación o día e hora exactos de apertura, polo que tedes que  prestar atención e reservar a cita no momento indicado.
  • Nos seguintes meses  recibiredes unha resposta e concretaremos unha data para a cita.

Non é necesario, pero podemos facer un asesoramento previo gratuíto para que  comprendamos a túa idea, vexamos a zona a tatuar e che proporcionemos toda a  información necesaria.

Non, de momento estamos traballando sen depósito e confiamos na vosa responsabilidade a hora de acudir á cita. Sempre que sexa baixo motivos  xustificados e nos avisedes con antelación podemos mover a cita de día. Senón se  produce o aviso e non hai causas que xustifiquen a falta, no próximo axendamento  si se requerirá abonar unha fianza para formalizar a cita.

O estudio atópase dentro do coworking Xpazo, en Xinzo de Limia. Moitos  coñeceredes este local como o antigo Pazo das Meigas.  

A dirección é R/Curros Enriquez 26 – Xinzo de Limia. Atópase en fronte da Casa da  Cultura, e podedes atopar dous aparcamentos gratuítos a carón, un deles  subterráneo. 

  • Luns de 15.30 a 19.00 
  • De martes a venres de 10.00 a 19.00h

Son estilos que se caracterizan pola súa delicadeza, precisión e alto nivel de  detalle. A liña fina utiliza trazos sutís e definidos, mentres que o microrrealismo recrea imaxes realistas en pequenos formatos, con sombras suaves e un gran coidado técnico.

Os detalles botánicos, pequenos retratos, palabras, ilustracións delicadas,  símbolos e elementos minimalistas funcionan moi ben nestes estilos. Guiarémoste  para que o deseño se adapte perfectamente á túa pel e aos teus gustos.

Teñen unha estética máis sutil, polo que co paso dos anos poden requirir  retoques. Unha boa técnica de aplicación, xunto cun coidado adecuado, garanten  unha boa durabilidade. 

Si, sempre que se adapten a un formato reducido. É importante axustar as  expectativas ao tamaño para preservar os detalles esenciais.

Darémosche instrucións personalizadas, pero en xeral: 

  • Lavar suavemente con auga morna e xabón neutro. 
  • Aplicar unha crema específica para tatuaxes, segundo se indica. • Non raiar nin arrancar costras. 
  • Evita o sol, a piscina e o mar durante polo menos 3-4 semanas.

Recomendamos cremas específicas para curación de tatuaxes. No estudo  darémosche unha lista de opcións seguras.

Depende da zona e do tamaño, pero xeralmente entre 2 e 4 semanas. 

Si, pero hai que ter máis coidado que noutras estacións. 

Vantaxes

  • Máis tempo libre para curar con calma. 
  • Roupa lixeira que evite o rozamento. 
  • Podes lucilo nunhas poucas semanas (se segues correctamente os  coidados). 

Desvantaxes

  • Non podes mollar a tatuaxe na praia nin na piscina durante polo menos 2 semanas. 
  • Debes evitar por completo a exposición ao sol na zona tatuada.
  • A calor e a suor poden dificultar a curación. 

Recomendación: se te tatuas no verán, sigue exactamente as instrucións de  coidado e protexete do sol. 

A dor é moi relativa, pero este estilo adoita ser menos invasivo que outros, xa que  non require tanto recheo nin pasadas repetidas. 

Si, aínda que depende do tipo de cicatriz e da súa idade. Convidámoste a unha  consulta para avaliar cada caso. 

Pódense facer retoques? 

Si, ofrecemos retoques gratuítos dentro dos 3 meses seguintes á túa cita, se é  necesario.

Si, podes traer alguén, pero pedimos un máximo de 1 acompañante e que manteña  unha actitude de respecto durante a sesión.

FINELINE / MICROREALISMO / PUNTILLISMO DE ARRASTRE / BLACKWORK / FINELINE / MICROREALISMO / PUNTILLISMO DE ARRASTRE / BLACKWORK / FINELINE / MICROREALISMO / PUNTILLISMO DE ARRASTRE / BLACKWORK / FINELINE / MICROREALISMO / PUNTILLISMO DE ARRASTRE / BLACKWORK / FINELINE / MICROREALISMO / PUNTILLISMO DE ARRASTRE / BLACKWORK / FINELINE / MICROREALISMO / PUNTILLISMO DE ARRASTRE / BLACKWORK
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.