ESTUDIO ATRAVE

As orixes DO ESTUDIO

Atrave nace en Xinzo de Limia en 2016 da man de Ana Parada
como un proxecto  de deseño gráfico e ilustración. Durante dous anos esta é a actividade principal, 
pero en 2018, por casualidades da vida o mundo da tatuaxe crúzase no camiño e  convértese en parte esencial, sendo na actualidade o motor do proxecto. Deseño, ilustración e tatuaxe convértense no tándem perfecto, pois os  coñecementos adquiridos durante a etapa anterior e a formación académica en  Belas Artes van axudar á creación de deseños únicos e adaptados a cada cliente. A finais de 2018, Atrave xunto co n 6 persoas máis, funda o centro creativo e de coworking Xpazo
, onde se ubican as súas instalacións. Aqui é onde o proxecto  toma consistencia, se vai moldeando para ser cada día máis sólido e coas ideas  máis claras. 

O mundo da tatuaxe implica esforzo, continuidade e paixón polo que fas, polo que  a continua formación e o traballo diario son os seus pilares fundamentais,  realizando seminarios con artistas recoñecidos internacionalmente. 

En Atrave traballamos para que cada tatuaxe sexa especial, creando pezas únicas  e totalmente adaptadas a cada cliente. Cóntanos a túa idea, e nós facémola  posible! 

O bo trato e o ambiente acolledor son características fundamentais do estudio.  Creamos un ambiente de calma e cercanía, non tratamos con clientes, tratamos  con persoas, por iso priorizamos sempre o seu benestar.

Queres saber mais de
Estudio Atrave?